Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997 pola que se corrixen erros na do 29 de maio de 1997, sobre o remate do prazo de presentación de ofertas ó concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras de remodelación da fachada principal do edificio destinado á sede do Parlamento de Galicia.

Publicada a resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia no DOG nº 107, do 5 de xuño

de 1997, sobre o remate do prazo de presentación de ofertas ó concurso para a contratación das obras de remodelación da fachada principal do edificio destinado á sede do Parlamento de Galicia, obsérvase o seguinte erro material:

-Na cabeceira da resolución, así como no parágrafo 1 dos antecedentes, onde di: «concurso para a contratación do proxecto básico e de execución da remodelación da fachada principal do edificio destinado á sede do Parlamento de Galicia», debe dicir: «concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras de remodelación da fachada principal do edificio destinado á sede do Parlamento de Galicia».

Por isto disponse a súa inserción, con carácter urxente, no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

José Ramón Cólera Leirado

Oficial maior

4527