Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite, xuño e decembro de 1997.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite, xuño e decembro de 1997, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: dez millóns cincocentas cincuenta mil pesetas (10.550.000 ptas.).

Clasificación: grupo I, subgrupo III, categoría A.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: catrocentas vintedúas mil pesetas (422.000 ptas.).

Prazo de execución: 1ª fase (xuño-1997): antes do 1 de xullo de 1997.

2ª fase (decembro-1997): ata o 20 de decembro de 1997.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría

Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela - A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 7 de xullo de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 11 de xullo de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1997.

P. D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

4553