Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación de contratos de obras, mediante o sistema de concurso polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora dos contratos.

1.1. Organismo: Delegación Provincial de Lugo.

1.2. Dependencia que tramita os expedientes: Servicio de Contratación.

2. Obxecto dos contratos.

A contratación das obras que figuran no anexo, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación dos contratos.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Garantías dos contratos.

4.1. Provisional: exenta.

4.2. Definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

5.1. Entidade: servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural.

5.2. Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, 2º e 1º andar respectivamente.

5.3. Localidade e código postal: Lugo, 27071.

5.4. Teléfono: (982) 29 45 11 e 29 44 86.

5.5. Telefax: (982) 29 44 52.

5.6. Data límite de obtención de documentos e información: ás 12 horas do décimo terceiro día natural, que non cadre en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ademais os licitadores poderán obter copia, en soporte papel, dos proxectos das obras que se contratan e dos pregos de cláusulas administrativas particulares, na librería Troll con domicilio na rúa San Roque nº 195, 27002 Lugo e teléfono (982) 25 05 00.

6. Presentación de ofertas dos licitadores.

6.1. Data límite de presentación: ás 12 horas do décimo terceiro día natural, que non cadre en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

6.2. Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

6.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro da delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, baixo.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27071.

7. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses contados desde o día da apertura das ofertas.

8. Admisión de variantes.

Non se admitirán variantes técnicas ó proxecto inicial das obras.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: delegación provincial (sala de xuntas).

9.2. Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, baixo.

9.3. Localidade: Lugo.

9.4. Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas, que non cadre en sábado ou festivo.

9.5. Hora: ás 10 horas da mañá.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta dos adxudicatarios.

ANEXO

1. Descrición do contrato e lugar de execución: rede de camiños da zona de concentración parcelaria de Parada (Outeiro de Rei-Lugo).

Número do expediente: LU-790.

Orzamento base de licitación: setenta e dous millóns novecentas trinta e sete mil catrocentas trinta e nove (72.937.439) pesetas.

Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

Clasificación do contratista: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

2. Descrición do contrato e lugar de execución: proxecto de camiños da zona de concentración parcelaria de Vilaboa 2º fase (A Pontenova-Lugo).

Número do expediente: LU-791.

Orzamento base de licitación: douscentos once millóns setecentas noventa e catro mil catrocentas trinta e dúas (211.794.432) pesetas.

Prazo de execución: vinteoito (28) meses.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

3. Descrición do contrato e lugar de execución: rede de camiños da zona de concentración parcelaria de Conforto 2ª fase (A Pontenova-Lugo).

Número do expediente: LU-792.

Orzamento base de licitación: douscentos cincuenta e un millóns cento noventa e catro mil cento trinta e cinco (251.194.135) pesetas.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

4. Descrición do contrato e lugar de execución: camiños da zona de concentración parcelaria de Monte de Sante (Trabada-Lugo).

Número do expediente: LU-793.

Orzamento base de licitación: cento setenta e catro millóns cincocentas cincuenta e dúas mil oitocentas setenta e sete (174.552.877) pesetas.

Prazo de execución: vinteoito meses (28) meses.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

5. Descrición do contrato e lugar de execución: 2ª fase dos camiños da zona de concentración parcelaria de Riotorto-Espasande (Riotorto-Lugo).

Número do expediente: LU-794.

Orzamento base de licitación: cento setenta millóns trescentas corenta mil duascentas cincuenta e seis (170.340.256) pesetas.

Prazo de execución: vinteoito meses (28) meses.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

Lugo, 9 de xuño de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

4313