Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 5 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados ó Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés (concellos de Entrimo, Lobios e Muíños).

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres regula, no seu título III, os plans rectores de uso e xestión nos que se fixarán as normas xerais de uso de xestión do parque; por todo isto,

RESOLVO:

Para os efectos previstos no artigo 6 da Lei 4/1989, de conservación de espacios naturais, da flora e fauna silvestres, ábrese un prazo de información pública

e posterior trámite de audiencia ós interesados, sobre o Plan de Uso e Xestión do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños.

O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral do Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, Santiago de Compostela), na Delegación Provincial de Ourense (rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo), e na sede do parque natural (rúa estrada de Portugal, s/n, Lobios), e para que se formulen contra el as alegacións que se consideren oportunas, nun prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez rematado o dito prazo, abrirase ó día seguinte período de audiencia ós interesados por un prazo de 15 días.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

4522