Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1997 pola que se modifica a relación dos aspirantes que superaron o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de formación e orientación laboral.

Por resolución da Dirección Xeral de Persoal, con data do 10 de marzo de 1997, considérase o recurso ordinario interposto por Inmaculada Mª Fernández y Teijeiro, contra a relación dos aspirantes que supe

raron o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de formación e orientación laboral, publicada pola comisión de selección.

Como consecuencia da estimación do recurso, procede a modificación parcial do anexo II da Orde do 6 de agosto de 1996 (DOG do 23), pola que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) para o ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-lo anexo II da Orde do 6 de agosto de 1996 (DOG do 23), pola que se facía pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) para o ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, na Comunidade Autónoma de Galicia, que na especialidade de formación e orientación laboral queda redactado como establece o anexo da presente orde.

Segundo.-Considerar a Inmaculada María Fernández y Teijeiro, nomeada funcionaria en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de formación e orientación laboral, con efectividade do 27 de setembro de 1996.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Disciplina: 590105 Formación e Orientación Laboral.

1 González Amillo, Jesús 16009493 B

2 Presas López, Manuel 35249087 B

3 Gil Medrano, Roberto 72779387 B

4 Victorero Rey, Jorge 18211905 L

5 Hernández Montes, Miguel Ángel 36041964 L

6 Carreira Simón, Manuel 33859956 L

7 Ollero Prieto, Ana María 32623594 L

8 Ramos Pérez, Mónica 33318941 L

9 Fernández y Teijeiro, Inmaculada Mª 7233553 L

10 Cadorniga Vega, M. Nuria 33316096 L

97-4498