Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.682

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, especialidade psicoloxía e pedagoxía, convocados pola Orde do 19 de marzo de 1997.

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-los tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, especialidade psicoloxía e pedagoxía, no anexo desta resolución.

Segundo.-As localidades de actuación dos citados tribunais faranse públicas na resolución desta dirección xeral na que cada tribunal anunciará a hora e o lugar do acto de presentación, a celebración das probas de coñecemento de lingua galega e a primeira parte da proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibi-las axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. O medio de locomoción que se pode empregar será calquera dos previstos no Decreto 299/1990, do 24 de maio, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

Especialidade: psicoloxía e pedagoxía.

Tribunal nº 1.

Titular:

Presidente: González Rajo, Javier.

Vocais: Alonso García, Manuel Antonio.

Álvarez Blanco, Baldomero Francisco.

Balbuena Aparicio, Felicidad.

Crego Hernández, María Victoria.

Tribunal nº 2.

Titular:

Presidenta: Montes Santaolalla, Aurora.

Vocais: Díaz Gómez, María Mercedes.

Escrich Pérez, Consuelo.

Fernández Rodríguez, María Gloria.

García Getino, Isidro.

Tribunal nº 3.

Titular:

Presidenta: Abella García, María Luz.

Vocais: García García, Miguel Ángel.

García Pérez, Alfonso Javier.

López Pérez, María Nieves.

Pérez Castiñeira, Montserrat.

Tribunal nº 4.

Titular:

Presidente: Ocampo Gómez, Camilo Isaac.

Vocais: Manzano Gaspar, María Esther.

Martínez Vallina, Jaime.

Morán Espina, Ana María.

Palacios Gutiérrez, María Carmen.

Tribunal nº 5.

Titular:

Presidenta: González Sanmamed, Mercedes.

Vocais: Panizo Arias, Eduvigis.

Vallina Arbesu, María Manuela.

Castiello Costales, José María.

Peña Jiménez, Petra María del Carmen.

4580