Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 9 de xuño de 1997, dos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración da Xunta de Galicia (grupo C), convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 9, do 12 de xaneiro de 1996), polo que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 9 de xuño de 1997 polos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo da Administración da Xunta de Galicia (grupo C) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 9, do 12 de xaneiro de 1996), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, acordouse:

1. Elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso, unha vez resoltas as reclamacións presentadas polos interesados.

2. Publica-las ditas puntuacións que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra este acordo os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

Jaime Bouzada RomeroManuel Silva Romero

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

José Antonio Fdez. VázquezMª Teresa Rey Barreiro-Meiro

Presidente do tribunal nº 3Presidenta do tribunal nº 4

Emilio Álvarez Rey

Presidente do tribunal nº 5

97-4497