Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.658

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A. Centro Superior de Hostelería de Galicia.

A.1. Posto: adxunto a docencia (REF. DCIA-197).

1) Funcións principais: colaborar co responsable da área na coordinación da actividade docente e a súa relación co sector.

2) Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Experiencia profesional mínima de 12 meses en administración de empresas ou márketing (non se inclúe experiencia docente).

-Dominio oral e escrito do inglés.

-Coñecementos de informática.

3) Valorarase:

-Currículo (especialmente relacionado co sector hosteleiro/turismo).

-Xestión empresarial.

-Coñecemento de metodoloxías didácticas.

-Francés.

-Microsoft Office.

-Capacidade para coordinar equipos de traballo e integrarse neles.

4) Probas que hai que realizar:

-Oral e escrita de idiomas (eliminatoria).

-Exercicios prácticos sobre xestión empresarial e metodoloxías didácticas (eliminatorios).

-Probas psicotécnicas.

-Entrevista.

5) Prazo de entrega de solicitudes: 14 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

A.2. Posto: profesor de idiomas (REF. ID-397).

1) Funcións principais: responsabilizarse da materia do idioma alemán.

2) Adicación: tempo parcial.

3) Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Dominio do idioma alemán.

-Experiencia docente de 6 meses ou estada de igual duración nun país onde o alemán sexa lingua oficial.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Aptitude docente.

-Coñecementos de ofimática (Word).

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5) Probas que hai que realizar:

-Alemán oral e escrito (eliminatoria).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Word para Windows.

-Entrevista.

-Cuestionario de personalidade.

6) Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

A.3. Posto: profesor adxunto-Departamento de Márketing (REF. MK-497).

1) Funcións principais: colaborar no desenvolvemento e impartición das materias da área así como no funcionamento do departamento, asumindo responsabilidades no márketing do centro.

2) Requisitos:

-Titulación universitaria e formación específica en márketing.

-Esperiencia profesional acreditada na área polo menos 18 meses (non se inclúe experiencia docente).

3) Valorarase:

-Currículo.

-Inglés e francés.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Aptitude docente.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

4) Probas que hai que realizar:

-Exame de coñecementos específicos (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Idiomas (oral e escrito).

-Entrevista.

-Word e Excel para Windows.

-Cuestionario de personalidade.

5) Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

A.4. Posto: auxiliar recepcionista (REF. AUX-197).

1) Funcións principais: atención telefónica e tarefas administrativas.

2) Requisitos:

-Experiencia profesional en tarefas administrativas en contacto co público polo menos de 18 meses.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Mecanografía: 240 ppm.

-Inglés.

3) Valorarase:

-Currículo.

-Francés.

-Aptitude para a realización de tarefas administrativas.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

4) Probas que hai que realizar:

-Mecanografía (eliminatoria).

-Word, Excel e Access para Windows (eliminatoria).

-Idiomas oral e escrito (eliminatoria).

-Avaliación de aptitudes administrativas.

-Entrevista.

5) Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

A.5. Documentación que hai que presentar:

-Solicitude por posto de interese, indicando a referencia, dirixida ó director do CSHG (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, Km. 3. Apartado 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel (incluíndo certificación académica nos casos nos que se esixa titulación). Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

A.6. Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

B. Promoción turística.

B.1. Posto: coordinador do Plan de Promoción Turística (REF. COOR-TUR).

1) Requisitos.

-Diplomado universitario.

-Dominio dos idiomas inglés e galego.

-Bos coñecementos de márketing.

-Bos coñecementos do contorno turístico e socioeconómico de Galicia.

2) Valorarase:

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Coñecementos do idioma francés.

-Experiencia no sector turístico.

-Relación cos mercados exteriores.

-Experiencia en desenvolvemento de plans de márketing.

3) Probas que hai que realizar:

-Idiomas oral e escrito.

-Exame de coñecementos específicos (márketing e contorno turístico e socioeconómico de Galicia).

-Word para Windows.

-Entrevista(s).

B.2. Posto: xestor de calidade (REF. XES-TUR).

1) Requisitos:

-Titulado superior ou TEAT con formación de posgrao.

-Dominio do inglés e galego.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Amplo coñecemento do contorno turístico e socioeconómico de Galicia.

-Experiencia en xestión de calidade ou cursos e seminarios relacionados coa calidade, turismo rural, xestión hoteleira, etc.

2) Valorarase:

-Experiencia profesional no ámbito turístico.

-Experiencia en planificación e xestión de proxectos empresariais, especialmente nos que para o seu desenvolvemento implicaran relacións coa Administración.

-Actitude positiva cara ós demais.

-Dominio e capacidade de traballo en equipo.

3) Probas que hai que realizar:

-Idiomas oral e escrito.

-Word para Windows.

-Exame de coñecementos específicos (calidade).

-Entrevista(s).

B.3. Posto: adxunto ó coordinador do Plan de Promoción (REF. ADP-TUR).

1) Requisitos:

-Titulado en FP II ou equivalente.

-Dominio do idioma inglés e galego.

-Bos coñecementos dos recursos turísticos de Galicia.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

2) Valorarase:

-Experiencia profesional no sector turístico.

-Coñecemento doutros idiomas.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

3) Probas que hai que realizar:

-Mecanografía.

-Word, Excell e Access para Windows.

-Idiomas oral e escrito.

-Exame de coñecementos específicos (recursos turísticos de Galicia).

-Entrevista(s).

B.4. Posto: auxiliar administrativo (REF. AUX-TUR).

1) Requisitos:

-FP II ou titulación equivalente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Mecanografía.

2) Valorarase:

-Experiencia profesional en tarefas administrativas.

-Coñecementos de contabilidade e nóminas.

3) Probas que hai que realizar:

-Específica de contabilidade e nóminas.

-Word, Excel e Access para Windows.

-Mecanografía.

-Entrevista(s).

B.5. Posto: operador de informática (REF. OPER-TUR).

1) Requisitos:

-Técnico especialista en informática de xestión ou FP II con especialidade en informática de xestión.

-Dominio do idioma galego e inglés ou francés.

-Dominio de MS-DOS, Windows T.G., Windows 95.

-Dominio de Microsoft Office Profesional.

-Mecanografía: mínimo 200 ppm.

2) Valorarase:

-Experiencia profesional mínima dun ano no campo da informática.

-Dominio de Windows NT.

-Coñecementos de programación en Visual Basic.

-Coñecementos de SQL (Structured Query Language).

3) Probas que hai que realizar:

-Mecanografía.

-Access (Access Basic), Word e Excel.

-Idioma inglés ou francés e galego.

-Proba teórica sobre sistemas operativos.

-Entrevista(s).

B.6. Posto: mozo de almacén (REF. MZ-TUR).

1) Requisitos:

-FP I ou similar.

-Carné de conducir clase B1.

2) Valorarase:

-Experiencia en almacén de papel.

-Coñecementos de informática no nivel de usuario.

3) Probas que hai que realizar:

-Mecanografía.

-Word para Windows.

-Entrevista(s).

B.7. Documentación que hai que presentar:

-Currículum vitae.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación e/ou a experiencia que desexe achegar para ser valorada.

B.8. Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes faranse chegar a Turgalicia-Área Económica e de Persoal. Estrada Santiago-Noia, Km. 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela. Débese indica-la referencia do posto ó que se opta.

-O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Rubén Víctor Lois Calviño

Conselleiro-Delegado de Turgalicia, S.A.

Secretario Xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública