Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO relativo á información pública da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da avenida do Conde de Bugallal.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día vintenove de maio de mil novecentos noventa e sete, prestou aprobación definitiva o proxecto de urbanización da avenida Conde de Bugallal, redactado polo arquitecto da Oficina de Xestión e Disciplina Urbanística.

O que se fai público para súa executividade, sinalándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 3 de xuño de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4451