Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión realizada o día 25 de maio de 1993, acordou inicia-lo procedemento de elección de xuíz de paz titular e substituto do Concello de Paderne, de conformidade co seguinte anuncio:

1. Obxecto: é obxecto do presente anuncio a elección de xuíz de paz e de substituto do Concello de Paderne.

2. Presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello e no prazo dos quince días seguintes ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, última publicación en que apareza.

3. Condicións dos solicitantes: ser español/a, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, no poder xudicial.

4. Documentación que se xuntará coa solicitude.

a) Certificación de nacemento ou fotocopia do DNI.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980, no seu punto 1.a), referente a se se encontra inculpado ou procesado.

c) Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

5. Elección: o Pleno do Concello, co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros, entre as persoas que reúnan as condicións legais e así o soliciten. Se non houbese solicitantes, o Pleno elixiría libremente.

Paderne, 7 de maio de 1997.

José Luis Pico Espiñeira

Alcalde-presidente

4464