Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-236).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 28 de xuño de 1996, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado plan parcial sobre parte do SUNP A-33 Montesinos, en Montrove-Liáns. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, queda advertido de que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a

solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 9 de maio de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

97-3903