Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada OR-410, treito: Cortegada-Pontebarxas (fase II), clave: N-OUR-89.3.3.2.

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu apartado 2 establécese a competencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras descritas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 14 de abril de 1997, procedeuse á aprobación do proxecto da obra de alargamento e mellora da estrada OR-410, treito Cortegada-Pontebarxas (fase II), clave N-OUR-89.3.3.2, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 17 de abril de 1997, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de alargamento e mellora da estrada OR-410, treito Cortegada-Pontebarxas (fase II), clave N-OUR-89.3.3.23, polo Decreto 94/1997, publicado no DOG número 81.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e concordantes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro dos concellos de Cortegada, Pontedeva e Padrenda, para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que a seguir se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera preciso.

* Lugar do levantamento das actas previas

Casa do Concello de Cortegada

Data HoraNº predios

25-6-19979 a 13 1 a 30

25-6-199716 a 1931 ó final

* Lugar do levantamento das actas previas

Casa do Concello de Pontedeva

Data HoraNº predios

26-6-19979 a 101 ó final

* Lugar do levantamento das actas previas

Casa do Concello de Padrenda

Data HoraNº predios

26-6-199711 a 121 ó final

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, e presenta-los documentos acreditativos de titularidade, DNI e o último recibo da contribución, e poderase acompañar á súa costa, se o considera preciso, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito diante deste Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, rúa Sáenz Díez, nº 1, as alegacións que consideren oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 2 de xuño de 1997.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio de Estradas de Ourense

4671