Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de abril de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se anuncia o extravío do resgardo de depósito 1605/92 para efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito constituído en «varios» nº 1605 o 22/6/92 por importe de 641.016 ptas. (seiscentas corenta e unha mil dezaseis ptas) mediante aval bancario na caixa de depósitos desta delegación, garantindo a Autocares Salvado, S.A., formúlase requirimiento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados a partir da data da publicación da presente cédula, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexitimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

A Coruña, 24 de abril de 1997.

P.S.

Enrique Fernández Arias

Secretario da Delegación Territorial da Coruña

4414