Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.
Organismo: Instituto Galego de Consumo.
Número de expediente: C97005.
Obxecto do contrato: distribución de cinco números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores, para a súa entrega nos meses que van de xuño a decembro de 1997.
Lugar de execución: Santiago de Compostela.
Prazo de execución: o prazo de execución rematará o 31 de decembro de 1997.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Orzamento base de licitación: 4 millóns de pesetas (4.000.000.-), sendo o importe da distribución de cada un dos números da revista Consumidores de 680.000 pesetas e da distribución de cada un dos boletíns de 150.000 pesetas.
Garantías:
-Provisional: 2% do orzamento de contrato (80.000 pesetas).
Obtención de documentación e información:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Domicilio: Praza de Europa, 10 A, 2º.
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
-Teléfono: 54 45 12.
-Fax: 54 45 99.
Data de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
Requisitos específicos do contratista:
-Clasificación: non se esixe.
Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Gali
cia, por tratarse dun expediente urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.
Documentación que deberán presentar: a indicada na cláusula 8º do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Domicilio: Praza de Europa, 10 A, 2º.
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A.P.
Admisión de variantes: non se admiten.
Apertura de ofertas:
- Entidade: Instituto Galego de Consumo.
Domicilio: Praza de Europa, 10 A, 2º.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se éste fose inhábil ou sábado, pospoñerase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: doce horas e trinta minutos.
Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.
Francisco Gallegos Martínez
Presidente do Instituto Galego de Consumo
4160