Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de servicios consistente na impresión de cinco números da revista Consumidores.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C97006.

Obxecto do contrato: preimpresión, impresión, fotomecánica e encadernación de cinco números da revista Consumidores, para a súa entrega nos meses que van de xuño a decembro de 1997.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución rematará o 31 de decembro de 1997.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000).

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de contrato (100.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Domicilio: praza de Europa, 10 A, 2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

-Teléfono: 54 45 12.

-Fax: 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Domicilio: praza de Europa, 10 A, 2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: praza de Europa, 10 A, 2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, pospoñerase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

4228