Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da obra de reparación de paramentos exteriores e cubertas no grupo Virxe de Fátima en Ourense. (Expediente OU-97/REP06).

Obxecto: execución de obras de reparación de paramentos exteriores e cubertas no grupo Virxe de Fátima en Ourense.

Orzamento: dez millóns setecentas catorce mil oitocentas trinta e tres (10.714.833) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 4 e 7; categoría c.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: catrocentas vinteoito mil cincocentas noventa e tres (428.593) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

4159