Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.556

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar nas probas selectivas de acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas, convocados por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio).

Por Orde do 28 de maio de 1997 anúnciase o proseguimento dos procedementos selectivos de ingreso e de acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e outros, convocados pola Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio).

Por resolución das direccións xerais de Ensinanzas Medias e Formación Profesional do 2 de xuño de 1992 (DOG do 9) publicouse a lista provisional de admitidos e excluídos por corpos, disciplinas e reservas.

Vistas as reclamacións que no seu momento se presentaron á lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas, así como as renuncias á participación nos citados procedementos

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a lista definitiva de admitidos nas probas selectivas de acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas nos anexos I, II, III e IV desta resolución respectivamente, coa indicación da modalidade de acceso pola que concorre cada aspirante e se están exentos da proba de coñecementos de lingua galega.

Segundo.-Declarar excluídos os aspirantes que figuran no anexo V desta resolución, polas causas que se indican.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

LISTA ALFABÉTICA POR DISCIPLINA DE ADMITIDOS

CORPO DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

ANEXO II

LISTA ALFABÉTICA POR DISCIPLINA DE ADMITIDOS

CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

ANEXO III

LISTA ALFABÉTICA POR DISCIPLINA DE ADMITIDOS

CORPO DE PROFESORES DE ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

ANEXO IV

LISTA ALFABÉTICA POR DISCIPLINA DE ADMITIDOS

CORPO DE PROFESORES DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

ANEXO V

LISTA ALFABÉTICA POR CORPOS DE EXCLUÍDOS

4446