Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.589

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a substitución de presidentes dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos para acceso nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas publicados nas resolucións do 4 de xuño de 1992 (DOG do 11 e do 16 de xuño) e publica-la composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas convocados pola Orde do 28 de abril de 1992.

Por Orde do 28 de maio de 1997 anúnciase o proseguimento dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e outros, convocados pola Orde do 28 de abril de 1992.

Por resolucións do 4 de xuño de 1992 (DOG do 11 e do 16 de xuño) das direccións xerais de Ensinanzas Medias e Formación Profesional, procedeuse a facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas.

Os tribunais que van xulgar estes procedementos selectivos son os publicados nas citadas resolucións do 4 de xuño de 1992 (DOG do 11 e do 16 de xuño), coas modificacións dos presidentes que veñen impostas por circunstancias sobrevidas polo tempo transcorrido.

Procédese, así mesmo, nomea-los tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso e ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Os tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso e ingreso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas son os publicados nas resolucións das direccións xerais de Ensinanzas Medias e Formación Profesional do 4 de xuño de 1992 (DOG do 11 e do 16 de xuño).

Segundo.-Nomea-los presidentes que se relacionan no anexo I, que substituirán os nomeados na Resolución do 4 de xuño de 1992, das direccións xerais de Ensinanzas Medias e Formación Profesional.

Terceiro.-Os tribunais actuarán cos membros que no seu momento constituíron o tribunal.

En aplicación do establecido no apartado 4.2º da base común 5 da Orde do 28 de abril de 1992,

cando algún dos vocais que constituíron tribunal non poida participar no procedemento, o presidente procederá a autoriza-la suplencia correspondente, correspondéndolle esta, se é o caso, ó vocal titular ou vocal suplente respectivo.

Cuarto.-Nomea-la composición dos tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas no anexo II da presente resolución.

Quinto.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibi-las axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. O medio de locomoción empregable será calquera dos previstos no Decreto 299/1990, do 24 de maio, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

-Especialidade: latín.

Tribunal suplente nº 2.

Presidente: José Antonio Dobarro Posadas.

-Especialidade: bioloxía e xeoloxía.

Tribunal titular nº 1.

Presidenta: Pilar Miravalles González.

Tribunal suplente nº 2

Presidenta: Adela Figueroa Panisse.

-Especialidade: francés.

Tribunal titular.

Presidenta: Guisele Maissa Rodrigo.

-Especialidade: tecnoloxía administrativa.

Tribunal titular nº 1:

Presidente: Salustiano Velo Sabín.

-Especialidade: prácticas administrativas e comerciais.

Presidente: José Enrique Sampil Sánchez.

ANEXO II

-Especialidade: harmonía.

Tribunal titular.

Presidente: Manuel Andrés Varela Sanjurjo.

Vocais: M. del Carmen Asín Bailo.

Carlos Cambeiro Alis.

Mario Seoane Blanco.

José Eladio Atelo Cueto.

-Especialidade: clarinete.

Tribunal titular.

Presidente: Carlos Jesús Casado Tarín.

Vocais: Roberto Carlos Noche García.

Samuel Palomar Simón.

José Vicente Pérez Planells.

Francisco Pérez Rodríguez.

-Especialidade: piano.

Tribunal titular.

Presidente: Natalia Lamas Vázquez.

Vocais:Patricia Rejas Suárez.

Jannette Romero Cruz.

María Jesús Valle Cayuela.

Isabel Llor Cerdan.

Tribunal suplente.

Presidente: Carlos Iglesias Borrajo

Vocais: Cristina María Rodríguez Boado.

Elena Segura González.

José Alfonso Vázquez García Serrano.

So Yong Moon Cha.

-Especialidade: solfexo e teoría da música.

Tribunal titular.

Presidente: Juan Vara García.

Vocais: Elisa Moscoso Vázquez.

María Araceli González Sánchez.

María José Torres Estarque.

Margarita Mónica Soto Viso.

Tribunal suplente.

Presidente:

Vocais: María Victoria Núñez Vallejo.

María del Carmen Montero de Angulo.

Josefina Albores Núñez.

Begoña Coello Mo.

-Especialidades: viola, violín e violoncelo.

Tribunal titular.

Presidente: Claudio Forcada Delgado.

Vocais: María Isabel Abril Bausela.

Fernando Arenas Villarroel.

Ana Isabel Avalos Irañeta.

Ángel Rodríguez Lozano.

Tribunal suplente.

Presidente: Rogelio Celso Groba Otero.

Vocais: Clara Groba Otero.

Laura Quintillán Núñez.

Pilar Desamparados Juan Cano.

4447