Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.556

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/853/1997, interposto por Isabel Gil Álvarez.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitou ó Servicio Galego de Saúde o expediente relativo ó recurso número 1/853/1997, interposto por Isabel Gil Álvarez contra o pacto sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo organismo (DOG nº 47, do 10 de marzo de 1997).

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento son emprazadas para que poidan comparecer en autos na Sección Primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

4411