Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0005019/1997, interposto por Constructora San José, S.A.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0005019/97, interposto por Constructora San José, S.A., contra desestimación por silencio Concello de Ribadavia e Consellería de Cultura do importe certificacións, liquidación e xuros da obra construcción: Casa da Cultura e Xuventude de Ribadavia (Cert. actos presuntos de 21-2-1997 e 17-4-1997, respectivamente), esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos (mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto) na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

4204