Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de maio de 1997 pola que se anuncia a adxudicación de sete bolsas para estadías de persoal dos centros de estudios galegos das universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigación Ramón Piñeiro.

Con substentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 12 de maio de 1997 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas para estadías de persoal dos centros de estudios galegos das universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 42, do 3 de marzo de 1997, e de conformidade co establecido na base quinta da referida orde de convocatoria, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder sete bolsas para estadías de persoal dos centros de estudios galegos das universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, segundo se detalla no anexo á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será a considerada no anexo adxunto, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso con

tencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Nome e apelidosProcedenciaEstadíaImporte/mes

Gustavo Nanclares GómezPaís Vasco1/7 a 30/975.000
Raquel Prado RomanillosC. Madrid1/7 a 31/1275.000
Mª Carmen Millán VarelaBirmingham1/6 a 31/790.000
Vera MillerHeidelberg1/10 a 31/1290.000
Szijj IldikóBudapest20/9 a 20/1290.000
Ekaterina LossikS. Petesburgo1/8 a 30/1190.000
César Andrés NúñezBuenos Aires1/9 a 30/11100.000

4327