Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.550

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de marzo de 1997 pola que se convocan bolsas para inventario e catalogación de fondos de museos e coleccións relevantes de interese galego.

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG número 85, do martes, 6 de maio de 1997, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.247, na liña quinta do artigo 1º.4, onde di: «... da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental...», debe dicir: «... da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural...».

-Na páxina 4.248, na liña sexta do artigo 5º.2, onde di: «-Especialidade de etnografía: 3 puntos.», debe dicir: «-Especialidade en historia ou etnografía: 3 puntos.».

-Na páxina 4.249, na liña quinta do artigo 7º.3, onde di: «... presentación dos servicios.», debe dicir: «... prestación dos servicios.».

4461