Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial da modificación número 11 do PXOU de Vigo no ámbito do polígono I do PERI a Bouza sur (expediente 4167/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 18 de abril de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación do PERI a Bouza sur no ámbito das parcelas de propiedade municipal situadas no polígono I, que ten por obxecto o cambio de localización do Colexio Alemán e a mellora da accesibilidade das zonas verdes, conforme a documentación elaborada pola oficina técnica de planeamento e xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo en marzo de 1997, someténdoo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo, planta baixa da Casa do Concello, ó dispor do público.

Vigo, 5 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3496