Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do plan parcial Cambeses (expediente 3577/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 18 de abril de 1997, acordou aprobar inicialmente o plan parcial Cambeses, de iniciativa municipal, que desenvolve o PAU do mesmo nome aprobado definitivamente polo Pleno en sesión do 21 de marzo de 1997, conforme a documentación elaborada polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil con datas de visado do COAG do 10 de marzo de 1995, 25 de febreiro e 13 de marzo de 1997, someténdoo á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo, planta baixa da Casa do Concello, ó dispor do público.

Vigo, 28 de abril de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4415