Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

EDICTO do 17 de abril de 1997 polo que se fai pública a convocatoria para a elección de xuíz/a de paz e substituto/a.

En cumprimento do previsto no artigo 101 e concordantes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión dos cargos de xuíz de paz e substituto/a deste Concello conforme as seguintes bases:

1. Obxecto: a provisión dos devanditos cargos por un período de catro anos.

2. Solicitudes: presentaranse na secretaría do Concello entre as 9 e as 14 horas, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido este anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP de Ourense, último no que se publique.

Coa solicitude presentaranse os seguintes documentos:

a) Certificación de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, xunto con declaración complementaria do/a solicitante, referida a que non está inculpado/a ou procesado/a.

c) Xustificación dos méritos alegados polo/a solicitante.

3. Condicións legais: ser español/a, maior de idade, non estar incurso/a en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, a excepción de actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica operarán con posterioridade ó nomeamento, mediante opción efectuada polo/a nomeado/a.

Son causas de incapacidade: estar impedido/a física ou psiquicamente para esta función; estar condenado/a por delicto doloso mentres non se obteña a absolución ou se dicte auto de sobresemento; e non estar no pleno exercicio dos dereitos civís.

Rairiz de Veiga, 17 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

3411