Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ponteceso, en sesión con data do 24-4-1997, acordou aprobar inicialmente

a delimitación como polígono para executar, polo sistema de expropiación, a primeira etapa do plan parcial do polígono empresarial de Ponteceso, que se somete á exposición pública polo prazo de vinte días hábiles mediante a inserción deste edicto no DOG, para os efectos de alegacións ou reclamacións.

Ponteceso, 7 de maio de 1997.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde

97-3703