Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (22/1996).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión extraordinaria do 21 de maio de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto básico e de execución de urbanización da rúa s/n da Lonia de Ourense a instancia de Benito Freijedo González.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de maio de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

3705