Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Aprobado polo Concello a oferta de emprego público/96, na que se inclúen, entre outras, a praza de cabo de policía local, fanse públicas as bases que rexerán no concurso para a súa provisión por promoción interna, aprobadas polo Pleno da Corporación en sesión con data do 29 de abril de 1997.

1. Obxecto da convocatoria: é obxecto desta convocatoria a previsión en propiedade polo proceso de concurso de promoción interna, dunha praza de cabo da policía local encadrada na escala da Administración especial, subescala de servicios especiais, policía local, grupo D, incluída na oferta de emprego público.

2. Condicións dos aspirantes: para tomar parte no concurso será necesario:

a) Pertencer á subescala de policía local de Noia, cunha antigüidade de dous anos de servicios en propiedade como garda.

b) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou similar.

c) Carecer na folla de servicio de nota desfavorable non cancelada e imposta como consecuencia de expediente disciplinario.

3. Instancias: as instancias nas que se solicite tomar parte no concurso, nas que os aspirantes deberán manifestar que reúnen tódalas condicións que se esixen na base segunda, dirixiranse á presidencia da Corporación e serán presentadas no rexistro xeral do Concello nun prazo de 15 días naturais contados a partir da última publicación das bases da convocatoria no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

4. Admisión dos aspirantes: finalizado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución na que se aprobará a lista de admitidos e excluídos, que será publicada no taboleiro de edictos

do Concello, por prazo de dez días para efectos de posibles reclamacións ou recursos.

5. Tribunal cualificador: estará constituído da seguinte forma:

Presiente: a alcaldesa-presidenta do Concello ou concelleiro en quen delegue.

Secretaria: a titular da Corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

-Un representante da Administración pública designado pola Xunta de Galicia.

-Un funcionario designado pola Dirección Provincial de Tráfico.

-Un funcionario de carreira designado pola presidencia da Corporación.

O tribunal que actúe nestas probas percibirá as asignacións que lle correspondan consonte a lexislación vixente.

6. Baremo de méritos:

1. Por servicios prestados no corpo da policía local: 0,25 puntos por mes, ata un máximo de 7 puntos.

2. Por cursos profesionais realizados, homologados pola Academia Galega de Seguridade, EGAP, ou outras entidades públicas: 0,50 puntos por curso, ata un máximo de 7 puntos.

3. Por realización de xornadas con relación coa actividade profesional, expedidas por entidades ou institucións públicas: 0,25 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

4. Por titulacións distintas ás sinaladas no apartado b), base 2, da presente convocatoria: 1 punto por cada unha, ata un máximo de 2 puntos.

5. Por desempeño de funcións en postos de idéntica ou semellante natureza ó ofertado na presente convocatoria: 0,50 puntos por mes ata un máximo de 7 puntos.

6. Por posesión de distincións ou mencións honoríficas: 2 puntos por cada unha ata un máximo de 2 puntos.

7. Por realización de cursos no tema de medio ambiente: 2 puntos por cada un ata un máximo de 2 puntos.

8. Por cursos de gallego:

Iniciación: 2 puntos.

Perfeccionamento: 2 puntos.

En caso de empate na puntuación entre varios candidatos, terá preferencia quen desempeñase as funcións sinaladas no punto 5 do presente baremo no Concello de Noia.

Os cursos e certificación deberán ter data de expedición anterior á publicación destas bases no taboleiro do Concello e deberán estar validados pola

Xunta de Galicia, Ministerio do Interior ou outras entidades públicas.

Establécese a puntuación máxima para a adxudicación de praza convocada en 16,5 puntos.

7. Nomeamento: o tribunal fará a proposta de nomeamento a favor do aspirante que obteña a maior puntuación.

No prazo de quince días naturais o proposto presentará a documentación acreditativa de reuni-las condicións esixidas na base segunda da convocatoria e que non consten no expediente persoal e non fosen achegadas na solicitude. O presidente da Corporación procederá a efectuar nomeamento de funcionario en prácticas. Para poder ser nomeado funcionario de carreira, será preciso que o aspirante supere o curso que terá que facer na Academia Galega de Seguridade, tal como esixe a vixente lexislación.

8. A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados na forma establecida na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Noia, 30 de abril de 1997.

Mª Carmen Abeijón García

Alcaldesa-presidenta

4403