Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

Próximo a vence-lo período de catro anos polo que se nomearon xuíz de paz titular e substituto deste municipio, convócase elección para cubrir estes postos, á que poderán concorre-los españois maiores de idade que non se encontren incursos nas causas de incapacidade establecidas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial ou nas de incompatibilidades fixadas no artigo 389 do antedito texto legal.

O prazo para achega-las solicitudes rematará o décimo quinto día hábil seguinte ó de publicación deste edicto no BOP.

As solicitudes dirixiranse ó alcalde, e presentaranse nas oficinas municipais en horario de 9 a 14 horas e deberán xunta-los seguintes documentos:

-Certificación de nacemento ou fotocopia autentificada do DNI.

-Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria referente a se se encontra inculpado e procesado.

-Xustificante dos méritos que alegue o solicitante.

Nogueira de Ramuín, 7 de maio de 1997.

Luís Rodríguez Sánchez

Alcalde

3681