Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

BASES, exercicios e programa mínimo para a provisión en propiedade dunha praza da escala de Administración xeral, subescala de auxiliar administrativo.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre, dunha praza da escala de Administración xeral, subescala de auxiliar, encadrada no grupo D, nivel 9.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para poderen ser admitidos ás probas da oposición, requírese que os aspirantes reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder daquela en que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa.

c) Estar en posesión, ou en condicións de obtelo no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes, do título de graduado escolar ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impidan o desempeño das funcións que corresponden ó posto de traballo.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, as comunidades autónomas ou algunha corporación local, nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Terceira.-Instancias.

Os aspirantes que desexen participar nas probas selectivas da oposición deberán presentar instancia na que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª e que se comprometen a prestar xuramento ou promesa en forma regulamentaria coa fórmula prevista nas disposicións vixentes para poder acceder ó exercicio de cargos públicos.

Cuarta.-Prazo de presentación de instancias.

As instancias dirixiranse ó presidente da corporación; o prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria e bases no BOE, admitíndose calquera forma de presentación na que se acredite fidedignamente a data de presentación no prazo establecido.

Quinta.-Dereitos de exame.

Os dereitos de exame fíxanse en cinco mil pesetas, que deberán ser satisfeitas polos aspirantes na tesourería do concello ó presenta-la instancia, xuntando a esta o xustificante acreditativo do ingreso.

Sexta.-Publicación da convocatoria e bases.

Estas bases e a convocatoria da oposición, así como os correspondentes edictos posteriores que conteñan a relación de admitidos e excluídos, composición do tribunal e fixación da data de celebración das probas publicaranse integramente no BOP. Unicamente as bases e convocatoria publicaranse igualmente no DOG. Efectuada a convocatoria no BOP e no DOG procederase á publicación dun extracto mediante edicto no BOE con indicación do BOP e DOG onde se publican as bases e a convocatoria.

Os edictos posteriores relacionados con esta oposición publicaranse unicamente no BOP de Ourense.

Sétima.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de admisión de instancias, o alcalde dictará resolución no prazo dun mes, declarando aprobada a relación de admitidos e excluídos, Na dita resolución, que será exposta no taboleiro de anuncios e que se publicará no BOP, indicarase o nome, apelidos e DNI dos admitidos e excluídos, indicando as causas de exclusión, se é o caso, a teor do disposto no artigo 71 da Lei de procedemento administrativo. Na mesma resolución o alcalde deter

minará o lugar, data e hora de comezo dos exercicios, a orde de actuación dos opositores nos exercicios dos que a práctica non poida realizarse de maneira conxunta, e a composición do tribunal cualificador.

Oitava.-Tribunal cualificador.

Estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o titular da alcaldía ou concelleiro en quen delegue.

Vocais: un representante designado pola Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.

Dous funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional designados polo Concello Pleno e que presten servicios en calquera concello da provincia.

O secretario do concello que, á súa vez, actuará como secretario do tribunal.

As institucións e órganos ós que corresponde designa-los membros do tribunal designarán titulares e suplentes. Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte no momento de intervir cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de procedemento administrativo, notificándoo á autoridade competente. Os aspirantes poderán recusalos.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, como mínimo, de tres dos seus membros titulares ou suplentes indistintamente. A actuación do tribunal axustarase estrictamente ás bases da convocatoria; non obstante, queda facultado para resolve-las dúbidas que xurdan da súa aplicación e poderá toma-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

As resolucións do tribunal vencellan á administración convocante, sen prexuízo de que esta, se é o caso, poida proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto no artigo 109 da Lei de procedemento administrativo, e nese caso, terán que practicarse de novo as probas ou trámites afectados pola irregularidade.

Novena.-Exercicios da oposición.

Os exercicios da oposicións serán catro, sendo todos eles de carácter obrigatorio. Aínda que soamente os tres primeiros terán carácter eliminatorio. Os tres exercicios obligatorios e eliminatorios, dos que a práctica terá lugar pola orde que se indica, serán os seguintes:

1º exercicio: consistirá en contestar a un cuestionario de 100 preguntas, con respostas alternativas, que versen sobre o contido do programa destas probas, nun tempo máximo dunha hora e quince minutos.

Para supera-lo exercicio será necesario que o aspirante conteste de xeito correcto a un mínimo de 75 preguntas, puntuándose cada resposta correcta que exceda das 75 necesarias para supera-la proba con 0,2 puntos.

2º exercicio: este exercicio, de carácter práctico, ten por finalidade a comprobación de que os aspirantes son capaces de trasladar á práctica os coñecementos teóricos que terán que adquirir mediante o estudio e preparación dos temas do programa anexo á convocatoria e sobre os que versa o primeiro exercicio. Para isto terán que resolver, no tempo máximo dunha hora, dous supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados co temario do primeiro exercicio, tales como a redacción dun informe, elaboración dunha proposta de acordo ou resolución, prácticas de contabilidade local (ingresos e gastos), elaboración dun expediente, liquidación dun imposto, taxa ou prezo público, etc.

Para a práctica deste exercicio autorízanse os opositores ó manexo dos textos legais, sempre que non dispoñan de comentarios.

3º exercicio: este exercicio, de carácter obrigatorio consistirá nunha copia á máquina non eléctrica dun texto proposto polo tribunal a unha velocidade mínima de 150 pulsacións por minuto, valorándose a velocidade, limpeza, presentación e corrección dos escritos.

4º exercicio: este exercicio, de carácter obrigatorio pero non eliminatorio, soamente será practicado por quen superara os tres de carácter eliminatorio, e consistirá en contestar por escrito con redacción en lingua galega, nun tempo máximo dunha hora, un tema extraído ó chou, de entre os que figuran no programa anexo.

Décima.-Cualificación dos exercicios.

Cada exercicio valorarao o tribunal cunha puntuación comprendida entre 0 e 10 puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar cada un dos exercicios eliminatorios. A puntuación obterase da media aritmética dos puntos que a cada opositor outorgue cada un dos membros do tribunal que teñan voz e voto, rexeitándose as puntuacións máxima e mínima cando exista unha diferencia de catro a máis puntos entre a máxima e a mínima.

Dado que tódolos exercicios son escritos, cada un dos membros do tribunal subscribirá á marxe de cada un dos folios en que cada opositor realizara a práctica dos exercicios, quedando os ditos exercicios así subscritos incorporados á acta que será levantada polo tribunal e que elevará ó presidente da corporación coa súa proposta de nomeamento.

A puntuación final obterase sumando as puntuacións parciais de cada un dos tres exercicios eliminatorios superados polo opositor, e a esta suma engadiráselle a cualificación contida no cuarto exercicio. Quen obteña a maior puntuación na forma anteriormente indicada será o único opositor que poida ser declarado aprobado, e deberá recaer sobre el a proposta de nomeamento que o tribunal elevará ó presidente da corporación.

Décimo primeira.-Calendario de realización das probas.

O lugar, data e hora de celebración dos exercicios das probas selectivas fixarase na resolución da alcaldía onde se declare a admisión e exclusión dos aspirantes a que se refire a base sétima.

Os aspirantes serán convocados de forma conxunta a través da publicación no BOP e taboleiro de anuncios da resolución a que se refire a base sétima; deberán acudir ó chamamento único ó lugar, hora e data que estableza a resolución, provistos do DNI; a non presentación dun aspirante a calquera dos exercicios dará lugar á exclusión automática, e perderá os dereitos a participar a partir dese momento na práctica dos exercicios.

Unha vez comezadas as probas selectivas, os sucesivos anuncios sobre as restantes probas faraos públicos o mesmo tribunal nos locais onde se celebraron as probas e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Décimo segunda.-Presentación de documentación.

O aspirante que resulte proposto achegará ante a Administración municipal, dentro do prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a cualificación, os documentos acreditativos das condicións necesarias para tomar parte na oposición, que se esixen na base terceira.

a) Fotocopia compulsada do DNI e partida de nacemento.

b) Copia autenticada ou fotocopia debidamente compulsada do título esixido.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función que se vai desempeñar.

d) Declaración subscrita polo interesado acreditativa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración subscrita polo interesado de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica ou incompatibilidade conforme a lexislación vixente nestas materias.

Quen, dentro do indicado prazo e salvo causa de forza maior, non presentase a documentación esixida, non poderá ser nomeado, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer.

Décimo terceira.-Nomeamento e toma de posesión.

Concluído o proceso selectivo e achegada a documentación a que se refire a base anterior, o alcalde, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá ó nomeamento do funcionario de carreira que terá que desempeña-la praza convocada, o nomeamento do cal seralle notificado ó interesado en forma

regulamentaria; deberá tomar posesión no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó que lle sexa notificado o nomeamento.

Na acta de toma de posesión deberá facerse referencia ó cumprimento da dilixencia de ter prestado xuramento ou promesa na forma que determina o Real decreto 707/1989, do 5 de abril. Quen, sen causa xustificada, non tome posesión no prazo sinalado, queda en situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e nomeamento conferido.

Décimo cuarta.-Dereito supletorio e normas de aplicación.

Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo en que puidese estar en contradicción coa lexislación que se cita e salvo sempre a facultade de interpretación que ó tribunal se lle outorga na base décima, serán de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Rel decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto e o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.

ANEXO

Programa

A) Materias comúns.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Significado e estructura. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais das persoas.

Tema 2. A organización do Estado. A Coroa. As Cortes Xerais. O poder xudicial. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 3. Organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias e atribucións da Comunidade Autónoma de Galicia. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 4. O dereito administrativo. Fontes. O acto administrativo. Eficacia e validez dos actos administrativos. Motivación e notificación. Revisión, anulación e renovación.

Tema 5. O procedemento administrativo. Os recursos administrativos.

Tema 6. As formas de acción administrativa. O servicio público, o fomento e a policía administrativa. A contratación administrativa.

Tema 7. A facenda pública. Os impostos. As taxas. Os prezos públicos. O gasto público. Fases do gasto. O orzamento. Principios orzamentarios segundo a Lei xeral orzamentaria.

Tema 8. A Administración local. Entidades que a compoñen. O réxime local e a súa regulamentación xurídica. O municipio. Obrigacións e servicios mínimos.

Tema 9. Sistema de elección dos membros das entidades locais. A súa substitución. Órganos de goberno do municipio.

Tema 10. A provincia no réxime local español. Outras entidades locais. O seu recoñecemento e tratamento xurídico na lexislación estatal e de Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 11. Funcionamento dos órganos colexiados. Adopción de acordos, ordenanzas e bandos.

Tema 12. O procedemento administrativo local. Os expedientes. Iniciación, tramitación e resolución.

Tema 13. A contratación local.

Tema 14. Os bens das entidades locais.

Tema 15. As facendas locais. Os ingresos das entidades locais. Ordenanzas fiscais. O gasto público local. As súas fases. Os orzamentos locais.

Tema 16. A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Dereitos pasivos.

B) Materias específicas relacionadas co exercicio da función.

Tema 17. A comunicación. A información. A linguaxe como medio de comunicación e información. Atención ó público. Acollida e información ó administrado. Os servicios de información.

Tema 18. O documento. Rexistro e arquivo. Funcións de rexistro e arquivo. O arquivo de xestión. Formación do expediente. Documentos de apoio informativo. O arquivo como fonte de información.

Tema 19. Os escritos oficiais. Os oficios. Aplicación das novas tecnoloxías á documentación do arquivo. A información e o ordenador electrónico.

Tema 20. A automatización de oficinas. As transmisións. Tratamento de textos.

Entrimo, 23 de decembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

3738