Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.502

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de maio de 1997 pola que se autoriza a inclusión das escolas de música Sociedade Cultural Atlántica, de Matamá (Vigo), e banda de música Unión de Guláns, de Ponteareas, no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a

Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1º establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración da ensinanza en toda a súa extensión.

Presentadas as solicitudes de inclusión no rexistro de escolas de música polos concellos de Vigo e Ponteareas, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-As escolas cos datos sinalados no anexo a esta orde, quedan incluídas no rexistro de escolas de música.

Segundo.-As escolas de música citadas no dito anexo quedan sometidas ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Denominación específica: Sociedade Cultural Atlántica de Matamá.

Titular: Concello de Vigo.

Enderezo: rúa Canteiros nº 53 - Matamá.

Localidade: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: banda de música Unión de Guláns.

Titular: Concello de Ponteareas.

Enderezo: Guláns-Casal nº 31.

Localidade: Ponteareas.

Provincia: Pontevedra.

3778