Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.502

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de maio de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Vigo, de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Vigo, de Vigo, en solicitude de cesamento de actividades para o nivel de educación infantil no dito centro.

Ó resultar que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 11 de outubro de 1974, a autorización condicionada para 2 unidades de educación preescolar-xardín de infancia e 2 unidades de educación preescolar-párvulos.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15-12-1995), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento do devandito centro.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Travesía de Vigo, 6 e 15.

Denominación: Vigo.

Titular: Sociedad Mercantil Colegio Vigo, S.A.

Autorización do cesamento de actividades no nivel de educación preescolar do centro.

4339