Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

O Concello Pleno aprobou definitivamente o proxecto plan parcial polígono do Balado confeccionado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Ana Isabel Rodríguez Pro, por cumprimento nel das condicións sinaladas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en informe favorable emitido para os efectos do disposto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

O que se fai público en cumprimento do artigo 8.d) da devandita Lei de delegación de competencias.

Brión, 9 de maio de 1997.

José Luis García García

Alcalde

3525