Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 4 de abril de 1997 polo que se anuncia a aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do concello de Begonte.

Eu, Celestino Díaz Pardeiro, secretario titular do Concello de Begonte, provincia de Lugo, certifico:

Que o Pleno do Concello, na sesión extraordinaria que celebrou o día 3 de abril de 1997, aprobou definitivamente as normas subsidiarias de planeamento do Concello de Begonte, acordo e normativa que se describen a continuación:

Aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Begonte. A continuación, seguindo a orde do día, o alcalde-presidente dá conta ó Pleno do contido do informe da Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo, con data do 6 de marzo de 1997, no que se fai constar que a nova documentación enviada por este concello e aprobada polo Pleno o día 30 de xaneiro deste ano, cumpre as observacións indicadas no anterior informe da devandita dirección xeral, e como consecuencia informe favorablemente o proxecto de normas subsidiarias de planeamento deste concello.

Considerando que o proxecto técnico das normas de planeamento do Concello de Begonte, redactadas polo equipo técnico da empresa Ingeniería del Atlántico, S.A. (IDASA) o aprobou inicialmente, o Pleno do Concello en sesión celebrada o día 7 de marzo de 1997.

Considerando que o proxecto técnico se someteu á información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios publicados no xornal El progreso de Lugo, con data do 19 de marzo de 1996; no número 72 do BOP de Lugo, do 27 do mesmo mes; e no DOG número 78, do 22 de abril do mesmo ano; que se presentaron vintenove alegacións, que foron informadas polo equipo técnico redactor do planeamento.

Considerando que, remitido o proxecto das normas subsidiarias á consideración da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ésta, a través da Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo, con data do 21 de novembro de 1996, emitiu o preceptivo informe vinculante con determinadas observacións que foron recollidas polos redactores nun documento anexo aprobado polo Pleno do Concello o día 30 de xaneiro de 1997,

no que se corrixen as deficiencias indicadas no dito informe, anexo que se integrou no contexto normativo xeral.

Considerando que, posteriormente, aquela dirección xeral, con data do 6 de marzo de 1997, acordou informar favorablemente o proxecto das normas subsidiarias de planeamento, facendo constar que, en todo caso, o aproveitamento urbanístico correspondente ós propietarios do solo será o que determina o artigo 2 do Real decreto-lei 5/1996, do 7 de xuño, sobre medidas liberalizadoras en materia de solo.

Considerando que, á vista dos informes dos técnicos redactores do proxecto e do informe preceptivo e vinculante da reiterada dirección xeral:

a) Procede estima-las alegacións da Delegación Provincial de Economía e Facenda de Lugo. Patrimonio do Estado. Urbanismo, nº 899; Ángel Freire Rodríguez, nº 106; Xefatura Provincial de Estradas. Xunta de Galicia; Eduardo Souto Crespo, nº 136; Antonio Grandío López, nº 138; Luis Ferreiro Piñeiro, nº 139; Vicente Fernández García, nº 149 e Francisco Lorenzo Sánchez, nº 153.

b) Procede estimar parcialmente as alegacións de María Paz Díaz Rozas, nº 131; José Luis Pardo Fernández, nº 137, no que se refire a recualificación do solo; María Fernández Rega, nº 147, en recualificación do solo e María Manuela García Pérez, nº 148.

c) Estimadas e modificada a ordenación da zona de acordo co informe vinculante de urbanismo as de María Rivas Criado, nº 152 e Antonio Varela Lagarés, nº 154.

d) Desestimar parcialmente as alegacións de José Luis Pardo Fernández, nº 137, no relativo á Capela e a de María Fernández Rega, nº 147, no relativo á Eirexa.

e) Desestimar integramente as presentadas por José Luis González Farelo, nº 121; José Antonio Díaz Ares, nº 122; Jesús Piñeiro Cruz, nº 126; Cristina López Lorenzo, nº 129; Antonio Iglesias Rodríguez, nº 130; Eliseo Redondo Vilar, nº 141; Francisca López Varela e outras, nº 142; Demetrio Otero Parguiña, nº 145 e José Luis González Carreira, nº 159.

f) Desestimadas e modificada a ordenación da zona de acordo co informe vinculante de urbanismo as alegacións de Emilio Saavedra Pardo, nº 140; Néstor Corral Puente, nº 143 e Alfonso Pastrana Herreras, nº 158.

g) Considerar como requirimento de información e non como alegacións, os escritos presentados por Rosario Roca Santamariña, nº 144 e María Rivas Criado, nº 151.

Considerando que as modificacións recollidas polo equipo redactor no anexo referenciado, en cumprimento do informe vinculante con data do 21 de

novembro de 1996 no contexto normativo xeral do proxecto de normas subsidiarias de planeamento.

O Pleno do Concello, por unanimidade , en votación ordinaria, co quorum da maioría legal prevista no artigo 43.3º i) da Lei básica reguladora da Administración local, do 2 de abril de 1985 e no informe preceptivo do secretario, segundo dispoñen os artigos 54 do texto refundido de réxime local e 173 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais; e vistos os artigos 114 do texto refundido da Lei do solo; 130, 131, 150 e 151 do regulamento de planeamento; disposición transitoria primeira e artigos 2 e 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia; así como os artigos 1, 2, 3 e 4 do Real decreto-lei 5/1996, do 7 de xuño, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as normas de planeamento do Concello de Begonte, estimando as alegacións consignadas neste acordo e que quedan incorporadas a elas coas modificacións conseguintes, xuntamente coas observacións contidas no informe previo e vinculante da Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo que se integran no contexto da normativa xeral; faise constar especificamente que, en todo caso, o aproveitamento urbanístico correspondente ós propietarios do solo será o que determine o artigo 2 do Real decreto-lei 5/1996, do 7 de xuño, sobre medidas liberalizadoras en materia de solo.

Segundo.-Desestima-las alegacións que constan neste acordo polas razóns que nel quedan especificadas.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e xuntamente coas normas urbanísticas e ordenanzas nelas contidas, no BOP, na forma regulamentaria.

Cuarto.-Notificárlle-lo presente acordo a tódolos interesados que compareceron neste expediente, con expresión dos recursos correspondentes.

Quinto.-Remitir copia do expediente administrativo completo e dous exemplares das normas subsidiarias de planeamento, con tódolos planos e documentos que as integran, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en cumprimento do disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Sexto.-Levanta-la suspensión de licencias realizada como consecuencia da aprobación inicial das normas subsidiarias, en virtude do disposto no derradeiro parágrafo do artigo 102.3º da Lei do solo, texto refundido de 1992.

Contra o acordo que se fai público poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio, debendo comunicarllo, previamente e por escrito ó Concello, segundo dispón o artigo 110.3º da lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo da utilización de calquera outro recurso que considere oportuno, ou o exercicio das accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Begonte, 4 de abril de 1997.

Visto e prace

José Pena Rábade

Alcalde

Celestino Díaz Pardeiro

Secretario

3678