Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA TEIXEIRA

ANUNCIO.

Aprobadas inicialmente pola Corporación en Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o 14-4-1997, as normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Teixeira, elaboradas polo equipo integrado por Cándido Ortells Carbonel, Segundo Alvarado Blanco e Jesús Hipólito Lorenzo Rodríguez, sométense á información pública durante o prazo de 45 días contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, BOP e no periódico La Región, para os efectos de exame e reclamacións (artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de

marzo, de solo de Galicia e 128 do Regulamento de planeamento urbanístico).

O expediente estará á disposición dos interesados na secretaría da Casa do Concello, de luns a venres, en horario de oficina.

A Teixeira, 16 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

3406