Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa de seis oficinas (A, B, C, D, E e F, situadas nos pisos 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º) cunha superficie de 53 m cada unha, no edificio colindante á sede rectoral situado na rúa Areal número 50 de Vigo.

De acordo coa lexislación que regula os contratos patrimoniais da Administración do Estado e de conformidad coas competencias que teño atribuídas na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

RESOLVO:

Facer públicas as razóns polas que despois da tramitación de correspondente expediente se utiliza o procedemento de contratación directa para a adquisición de seis oficinas (A, B, C, D, E e F, situadas nos pisos 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º) cunha superficie de 53 m cada unha, no edificio colindante á sede rectoral situado na rúa Areal nº 50 de Vigo, que se basean nas peculiaridades do inmoble: superficie e distribución idóneas, seguridade, proximidade ás actuais oficinas administrativas, posibilidade de conexión e integración co edificio do rectorado adxudicado no Exp. 417/96, prezo ofertado pola empresa inferior ó valor actual do mercado inmobiliario segundo taxación pericial, tendo en conta a situación e materiais, e non existindo edificio colindante ningún que reúna no seu conxunto as condicións indicadas.

Vigo, 7 de maio de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3467