Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para o arrendamento de equipamento informático para a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Servicio Galego de Saúde. (S-198/1997).

1. Entidad adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto do arrendamento: os centros ou dependencias de entrega indicaránselle á empresa que resulte adxudicataria.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban arrendarse: equipamento informático (ordenadores persoais e o seu software de base e impresoras). O contrato suporá a instalación de 300 ordenadores e 50 impresoras láser.

-Orzamento total: 105.426.000 ptas., IVE incluído.

c) Indicacións relativas a posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: non hai lotes.

4. Prazo de execución: tres anos, contados desde a sinatura do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio admi

nistrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 3 de xullo de 1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 10 de xullo de 1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (D. Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Lázaro a partir das 9.30 horas do 21 de xullo de 1997.

8. Fianzas e garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación:

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo arrendador: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares, punto 11.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Outras informacións: na dirección e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención de non estar publicado:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 19 de maio de 1997.

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4386