Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

EDICTO do 9 de abril de 1997 polo que se expón ó público por un mes o acordo inicial de aprobación de modificación puntual das normas subsidiarias municipais.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 26 de marzo de 1997, acordou, por unanimidade dos asistentes, aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, con tódolos documentos que contén.

O que se fai público polo prazo dun mes, para que os interesados poidan examina-lo expediente e presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Coirós, 9 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

3468