Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-21/1996 (E.N.-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución de espacios naturais por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 14 de maio de 1997.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-21/1996.

Denunciado: José María Besada Rosales.

Último domicilio coñecido: Casas, 11-B-Ardán-Marín.

Feito denunciado: practica-lo deporte cinexético da caza con procedementos pohibidos para a captura de animais, empregando reclamos de especies vivas, (paxaros cantores), así como redes, o día 8 de decembro de 1996, termo municipal do Grove.

Precepto infrinxido: Art. 38 da Lei 4/1989, en relación co R.D. 1095/1989.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 20.000 ptas.

4383