Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores C-141/1996 e C-217/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 14 de maio de 1997.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-141/1996.

Denunciado: Enrique Rey Costas.

Último domicilio coñecido: Fragoso 57-7º Vigo.

Feito denunciado: cazar no couto privado de caza de Meis sen permiso, o día 24 de outubro de 1996, termo municipal de Meis.

Precepto infrinxido: Art. 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

Expediente: C-217/1996.

Denunciado: José Luis Martínez Carragal.

Último domicilio coñecido: Coirados, 11-Marín.

Feito denunciado: cazar en Fonte-Arcade, monte de San Xulián, sen ser socio, (couto PO-10.061), o día 17 de novembro de 1996, termo municipal de Marín.

Precepto infrinxido: Art. 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

97-4218