Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-255/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción a Lei 1\1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; poderán ser recusados en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoo que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 13 de maio de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-256/1996.

Denunciado: José Irago Villanueva.

Último domicilio coñecido: Igrexa, s/n-Tremoedo-Vilanova.

Feito denunciado: cazar con escopeta e furón dentro do couto privado de caza PO-10.143, sen permiso, o día 12 de decembro de 1996, termo municipal Cambados.

Precepto infrinxido: Art. 48.1º.8 da Lei de caza, e Art. 7 do R.D. 1095/1989, polo que se establecen normas para súa protección, en relación co artigo 39 da Lei 4/1989, da conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza. Art. 7 do R.D. 1095/1989 en relación co Art. 39 da Lei 4/1989.

Sanción: 50.000 ptas.

97-4217