Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-91/1996 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que

no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 1\1970, do 4 de abril, sobre a caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do

recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de maio de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-91/1996.

Denunciado: Luis Alberto Míguez Parada.

Último domicilio coñecido: Cavadancha, 16-Vilaboa.

Feito denunciado: cazar en época de veda con escopete de aire comprimido, calibre 5,5. Estando en zona de seguridade, sen licencia de caza, o día 15 de outrubro de 1996, termo municipal de Pontevedra.

Precepto infrinxido: Art. 48.2º.1 outro 2.14º e outro 2.27º da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 9.000 ptas.

Expediente: C-125/1996.

Denunciado: Javier Franco Gómez.

Último domicilio coñecido: Raña de Abaixo, s/n Tremoedo-Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar dentro do couto privado de caza (PO-10.124), carecendo de autorización. No momento da intervención, estaban calando un furón e colocando unha rede; ó ser requiridos déronse á fuga, deixando atrás a rede pero levando o furón, o día 27 de outubro de 1996, termo municipal de Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: Art. 48.1º.8 e 2.31º da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 7.000 ptas.

Expediente: C-145/1996.

Denunciado: José Manuel dos Reis Casal.

Último domicilio coñecido: Abelleira, 12-Baión-Vilanova.

Feito denunciado: cazar no couto privado de caza (PO-10.107) sen permiso, o día 20 de outubro de 1996, no termo municipal de Meis.

Precepto infrinxido: Art. 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

97-4216