Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública (expediente 2807 A.T., expropiación 167).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., co seu enderezo na rúa Cidade de Viveiro, 4 de Lugo, pola que se solicita a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso

de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan, segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:

-Liña media tensión a 20 kV ó centro de transformación de Montecelo (Felmil), concello de Begonte, autorizada e declarada de utilidade pública en concreto, por resolución desta delegación, do 16 de novembro de 1995.

Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16, do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos 15 días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP e mais no xornal O Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles afectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. Para este efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelarios das instalacións nesta dependencia, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a indentificación dos seus bens.

Lugo, 8 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

L.M.T. Ó C.T.I. de Montecelo (Felmil-Begonte). (Expediente 2807 A.T.).

Predio nºLugarParroquiaCultivoPropietario (Dn./Dª)DomicilioAfección (superficie m)

3Curro da InfestaFelmilLaborMaría RodríguezEvaristo Correa Calderón, 1-2º B/27004 Lugo336 de voo e 0,36 do apoio nº2
4Curro da InfestaFelmilMonte altoMª Rosa e Mª Teresa Piñeiro PérezArmañá, 9-1º C e 3º B, respectivamente/27002 Lugo448 de voo
10Chousa das NavasFelmilMonte altoMª Rosa e Mª Teresa Piñeiro PérezArmañá, 9-1º C e 3º B, respectivamente/27002 Lugo224 de voo
11Chousa das NavasFelmilMonte altoMª Rosa e Mª Teresa Piñeiro PérezArmañá, 9-1º C e 3º B, respectivamente/27002 Lugo1400 de voo
12Chousa das NavasFelmilPradoMª Rosa e Mª Teresa Piñeiro PérezArmañá, 9-1º C e 3º B, respectivamente/27002 Lugo1120 de voo e 0,36 do apoio nº6
13Chousa das NavasFelmilMonte bajoMª Rosa e Mª Teresa Piñeiro PérezArmañá, 9-1º C e 3º B, respectivamente/27002 Lugo700 de voo

97-4215