Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 30 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación número 5.909.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Erimsa, con enderezo en Avda. Fernández Latorre, 5-9, 15006 A Coruña, presentou nesta delegación provincial o día 18 de marzo de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Leticia de 180 cuadrículas mineiras para recursos de cuarzo e sección C, que se sitúa nos concellos de Abadín, Cospeito, A Pastoriza e Vilalba, da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5.909 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1 -7º 31' 00''43º 21' 00''

2 -7º 27' 00''43º 21' 00''

3 -7º 27' 00''43º 16' 00''

4 -7º 31' 00''43º 16' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 30 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4157