Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 3 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación número 5.900.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Manuel Blanco Basadre, con enderezo en San Román nº 10, 27234 Retorta (Guntín), presentou nesta delegación provincial instancia-solicitude do permiso de investigación Blanco y Negro de 99 cuadrículas mineiras para recursos de rocas ornamentais, que se sitúa nos concellos de Friol, Guntín e Palas de Rei, da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5.900 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1 -7º 47' 40''42º 59' 20''

2 -7º 44' 40''42º 59' 20''

3 -7º 44' 40''42º 55' 40''

4 -7º 47' 40''42º 55' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan constituírse no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da

Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 3 de decembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4166