Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1997 pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de ramal a Ferrol.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 19 de febreiro de 1997, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do ramal a Ferrol. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expro

piación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Os levantamentos terán lugar os vindeiros días 1, 2, 3, 4 e 7 de xullo en Irixoa; 8, 9, 10 e 11 de xullo en Monfero; 14 de xullo en Pontedeume; 15 de xullo en Cabanas; 16 e 17 de xullo en Fene; e 17 de xullo en Neda.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 30 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

RELACIÓN DE TITULARES DESCOÑECIDOS

Termo municipal de Irixoa

Predio número

Titular

Afección

SP (ml)OT (m)

Dat. Cata.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-IR-657/4Descoñecido 20220 189 Monte alto7-7/11.30

Termo municipal de Monfero

Predio número

Titular

Afección

SP (ml)OT (m)

Dat. Cata.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-MF-494Descoñecido 30360 12324Monte alto11-7/11.30

Termo municipal de Pontedeume

Predio número

Titular

Afección

SP (ml)OT (m)

Dat. Cata.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-PD-43 Descoñecido 12132 15146Monte alto14-7/11.30
C-PD-60 Descoñecido 16176 1579Monte alto14-7/11.30
C-PD-61 Descoñecido 18198 1582Monte alto14-7/11.30

Predio número

Titular

Afección

SP (ml)OT (m)

Dat. Cata.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-PD-72 Descoñecido 012 1563Monte alto14-7/11.30
C-PD-80 Descoñecido 028 13283Monte alto14-7/11.30
C-PD-83 Descoñecido 777 13288Monte alto14-7/11.30
C-PD-87 Descoñecido 10110 13293Monte alto14-7/11.30
C-PD-92 Descoñecido 666 13299Monte alto14-7/11.30
C-PD-95 Descoñecido 999 13302Monte alto14-7/11.30
C-PD-97 Descoñecido 15140 13304Monte alto14-7/11.30
C-PD-101Descoñecido 02 13319Monte alto14-7/11.30
C-PD-111Descoñecido 555 12610Monte alto14-7/11.30
C-PD-119Descoñecido 51561 12597Monte alto14-7/11.30
C-PD-132Descoñecido 72822 1388Monte alto14-7/11.30

Termo municipal de Cabanas

Predio número

Titular

Afección

SP (ml)OT (m)

Dat. Cata.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-CS-28Descoñecido 775 12549 Monte alto15-7/11.30
C-CS-38Descoñecido 777 131250 Monte alto15-7/11.30

Termo municipal de Fene

Predio número

Titular

Afección

SP (ml)OT (m)

Dat. Cata.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-FN-58Descoñecido 11154 9208Monte alto16-7/11.30
C-FN-146/5Descoñecido 20280 11s/nPradería16-7/11.30
C-FN-146/9Descoñecido 10140 11s/nPradería16-7/11.30
C-FN-159Descoñecido 225 11120Monte alto16-7/11.30
C-FN-223Descoñecido 0160 44Monte alto16-7/11.30

4240