Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Espiño número 2.704.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, con data do 18 de febreiro de 1997, se outorgou o permiso de investigación Espiño número 2704, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Agolada.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 17 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4376