Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública la petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/51-2-4722 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: calle Ciudad de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Fontecova, Aralde e outros.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con conductor LA-56 sobre torres metálicas, cunha lonxitude de 80 metros. Dous centros de transfomación de 50 kVA 20.000/380-220 V., cada un, sobre torre metálicas ó final da liña. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-25-50-95, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Fontecova, Aralde e outros. Concello de Viveiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 12 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4153