Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/403-4)

Visto o expediente para outorgamento de autorizacion administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., aérea núa.

Situación: concello de Barro e Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, núa, a 20 kV, de 3.976 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. de Corredoria rematando nun apoio

que se vai instalar na L.M.T. Curro-Bretoña, concellos de Barro e Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretoa 2617 e 1619/1966, do 22 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 8 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4158