Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/174-2-4667 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: rúa Ciudade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. e C.T. edificio Osugasa, rúa-Romai.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 130 metros, realizada en conductor D.H.Z.1, 12/20, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/380-220 V, para subministración eléctrica ó edifico Osugasa, rúa-Romai, en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as carecterísticas se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 8 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4096